Antonio Otero Coira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Otero Coira
Biografía
Mortemarzo de 1961 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , editor Editar o valor em Wikidata

Antonio Otero Coira, finado en Vigo en marzo de 1961, foi un empresario e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario de Vigo. En 1933 era director do centro de cobros Veritas.[1] En 1937 fundou e dirixiu a revista Cartel en 1937, e en xullo dese ano creou a Librería Editorial Cartel, para publicar unha colección de novela, "La Novela Nueva", que iniciou con Romance de amor y guerra de Ana María Díaz,[2] e continuou con Así como fue e Leyenda de aldea, anunciando en outubro a convocatoria dun concurso de novela breve.[3] Dono de Establecimientos Otero. En 1953 fixo unha proposta ao Concello de Vigo para solucionar o problema do transporte na cidade.[4] Finou en Vigo en marzo de 1961.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Luisa Ocaña Fernández, filla de Fernando Ocaña Larrín, en setembro de 1932,[6] e foi pai de María Luisa, Ignacio, Fernando, Enrique e Cristina Otero Ocaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-2-1933, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 21-7-1937, p. 3.
  3. La Región, 31-10-1937, p. 1.
  4. La Noche, 23-4-1953, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 15-3-1961, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 27-9-1932, p. 7.