Antonio Mojón Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Mojón Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1915 Editar o valor em Wikidata
A Cañiza, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Mojón Vázquez, coñecido como Chico, nado na Cañiza o 10 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre, foi destinado a Gorgua (Padrenda) en abril de 1936. Militante do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]