Antonio Colmenero Villamarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Colmenero Villamarín
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Pexeiros, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Colmenero Villamarín, nado en Pexeiros (Os Blancos) cara a 1911 e finado en Ourense o 27 de xullo de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi detido en abril de 1934 con Aurelio Blanco González.[1] Membro do Sindicato de Oficios Varios de Campobecerros da CNT, foi ferido polo capataz das obras do ferrocarril en decembro de 1935.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra o 21 de maio de 1937 na causa 1.094/36, con catro republicanos máis.[3] Condenado a pena de morte foi fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Camilo Gago González, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 5-12-1935, p. 13.
  3. La Región, 22-5-1937, p. 3.
  4. La Región, 28-7-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]