Anne Tuomanen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnne Tuomanen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Jyväskylä, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura164 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata

Twitter: AnneTuomanen Editar o valor em Wikidata

Anne Tuomanen, nada o 15 de abril de 1987 en Jyväskylä (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo retirada, que xogou na máxima categoría do hóckey feminino finlandés durante 15 anos e foi internacional con Finlandia.[1][2][3] Xogaba como ala.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Campionato finlandés[editar | editar a fonte]

Na máxima categoría Tuomanen vestiu a camisola das Cats entre 2002 e 2007, HPK nos períodos 2009–2011 e 2015–2016, e Ilves nos períodos 2011-2015 e dende a tempada 2016–17 ata a súa retirada en 2019.[1] Na máxima categoría xogou máis de 363 partidos na liga regular e 75 nos play-offs, rexistrando 134 goles e 160 asistencias na liga regular e 14 goles e 19 asistencias nas series.[4] Gañou o campionato finlandés en 2011 co HPK de Hämeenlinna, formando parte do primeiro equipo que recibiu a Aurora Borealis Malja.[5][2][6] así como catro medallas de prata e dous bronces.[4]

Tuomanen foi seleccionada no equipo das estrelas da SM-sarja[a] na tempada 2010-11.[1]

Selección finlandesa[editar | editar a fonte]

Coa selección finlandesa, Tuomanen xogou 76 partidos nos que anotou seis goles e repartiu cinco asistencias.[3] Participou nos Campionatos do Mundo de 2011 e 2013, gañando a medalla de bronce no primeiro deles.[3][7]

En 2011 gañou a medalla de prata na Universíada de inverno. As xogadoras finlandesas chegaron á final logo de derrotar á selección eslovaca nas semifinais por 5-1.[1][8] Finalmente na final o equipo nórdico caeu por 4-1 nun partido no que Tuomanen asistiu no único gol do seu equipo.[9] Ese mesmo ano Tuomanen formou parte da selección finlandesa na prestixiosa Nations Cup, contrubuíndo cunha asistencia nos tres partidos que disputou.[10]

Hóckey liña[editar | editar a fonte]

Ademais da súa carreira como xogadora de hóckey sobre xeo, Tuomanen desempeñouse como xogadora de hóckey liña, modalidade na que gañou o bronce no Campionato de Europa de 2017 coa selecciónn finlandesa logo de derrotar a Italia no partido polo bronce. Esta foi a primeira medalla na historia do combinado finlandés de hóckey liña nun europeo. Tuomanen tivo un papel destacado na vitoria, sumando un gol e unha asistencia.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SM-sarja foi o nome da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, denominada dende a tempada 2017-18 Naisten Liiga.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Anne Tuomanen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Kallioniemi 2017, p. 533.
  3. 3,0 3,1 3,2 Kallioniemi 2017, p. 351.
  4. 4,0 4,1 Aaltonen, Juha (ed.). Jääkiekkokirja 2019–2020 (PDF) (en finés). Helsinqui: Uusi Suomi/Kiekkolehti. p. 548. ISSN 0784-3321. OCLC 476321083. 
  5. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  6. Kallioniemi 2017, p. 217.
  7. Kallioniemi 2017, p. 321.
  8. "Naisleijonat ensi kertaa arvoturnauksen finaaliin". MTV3 (en finés). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  9. "GAME SUMMARY" (PDF) (en inglés). fisu.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  10. "2011 MLP Nations Cup: Player Statistics by Team, FIN - Finland" (PDF) (en inglés). =IIHF. 8 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  11. "Rullanaiset venyivät upeasti – Tshekistä tarttui mukaan historiallinen mitali!" (en inglés). Leijonat.com. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kallioniemi, Riku (2017). Jääkiekkokirja 2017–2018 (en finés). Jääkiekon SM-liiga Oy. ISSN 0784-3321.