Ankuwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ankuwa foi unha cidade ao nordeste de Hattusa, preto do país dos kaskas e nunha zona poboada por estes, onde Mursilis pasou o inverno despois da súa segunda campaña (terceiro ano de reinado) na que loitou contra os kaskas de Ishupitta, dirixidos por Pazzanna e Nunnuta, aos que derrotou nesta cidade, e en Palhwisa (Palhwišša) e finalmente capturou en Kammamma.

O lugar actual ao que corresponde a vella Ankuwa xera certa polémica. Para R. L. Gorny estaría na actual Alışar Höyük, M. Popko propón Eskiyapar, 10 km ao suroeste de Alaca Höyük.

Textos que fan mención de Ankuwa[editar | editar a fonte]

Nas seguintes taboíñas hititas aparece o nome desta cidade:

  • KBo 10.24 reverso.
  • KBo 30.155.
  • KUB 20.25 + 10.78.

Bibliografía[editar | editar a fonte]