Andrónico IV Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andrónico IV foi emperador bizantino de 1376 a 1379. Era fillo de Xoán V Paleólogo, pero se rebelou contra o seu pai cando o sultán otomán Murad I obrigou a Xoán V a prestarlle vasalaxe en 1373. Andrónico aliouse co fillo de Murad, que tamén se rebelara contra o seu pai, pero ambas revoltas fracasaron. Murad mandou cegar ao seu fillo e esixiu a Xoán V que cegase tamén ao seu, pero Xoán só cegou un dos ollos de Andrónico.

En 1376, os xenoveses axudaron a Andrónico a escapar da súa prisión e a facerse co poder en Constantinopla. Con todo, foi inmediatamente atacado polos inimigos de Xénova, os venecianos, e foi destronado en 1379. Os venecianos repuxeron a Xoán V no trono. Andrónico intentou rebelarse de novo en 1385, sen éxito, e morreu pouco despois.


Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán V Paleólogo
Andrónico IV Paleólogo
Precede a:
Xoán V Paleólogo
Dinastía Paleólogo