Ander Zoilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zoilo
Información persoal
Nome Ander Zoilo Cerdeira
Nacemento 14 de febreiro de 2000
Lugar de nacemento Beasain
Altura 1.77 metros
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Real Sociedad B
Número 23
Carreira xuvenil
2012–2019 Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Real Sociedad C 48 (1)
2021– Real Sociedad B 34 (0)
2022 Calahorra 11 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Ander Zoilo Cerdeira, nado en Beasain o 14 de febreiro de 2000, é un futbolista vasco, que xoga como lateral esquerdo na Real Sociedad B, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira da Real Sociedad, na que ingresou aos 12 anos.[1] Entre 2019 e 2021 militou no segundo filial do club, a Real Sociedad C, na Terceira División, subindo para a tempada 2021/22 á Real Sociedad B, da Primeira División RFEF. Na segunda parte da campaña saíu cedido ao Calahorra na busca de máis minutos, regresando a continuación ao filial realista.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ander Zoilo". realsociedad.eus (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2024. 
  2. "Ander Zoilo jugará cedido en el Calahorra hasta final de temporada" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.