Analoxista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os analoxistas eran unha escola de gramáticos gregos que afirmaba que a lingua é fundamentalmente regular e excepcionalmente irregular, opoñéndose así aos anomalistas.

Este debate apareceu no século II a.C. en relación coa importancia que se debería dar á regularidade no estudo dos fenómenos lingüísticos. Os analoxistas estableceron modelos ("paradigmas") segundo os cales as palabras (chamadas entón "regulares") podían, na súa maioría, seren clasificadas. Esforzáronse por corrixir todo o que podía aparecer como unha irregularidade, o que provocou nalgúns casos nos que a norma da regularidade fora mal observada, a aplicación de regras erróneas. Por exemplo, a declinación de bous, boos parece irregular en relación a korax, korakos, mais é perfectamente regular desde o punto de vista histórico dados os problemas na transcrición do digamma, letra antiga desaparecida: boFs/boFos.

As investigacións dos analoxistas contribuíron para a establecemento da gramática.