Ana Carlota Amigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ana Carlota Amigo Piquero, nada en León en 1969, é unha política leonesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou relacións laborais e diplomouse en graduado social pola Universidade de León. Foi directora dunha empresa de traballo temporal entre 1996 e 2001 e nese pasou ao sector público como técnica de emprego do Instituto Leonés de Desenvolvemento Económico, Formación e Emprego dependente do concello de León.

Militante de Ciudadanos foi concelleira en León dende 2015 ata que en 2019 entrou nas Cortes de Castela e León e foi a voceira do seu partido ata o ano 2020 ando asumiu a consellería de emprego e industria[1] o 29 de maio de 2020 ata que o 20 de decembro de 2021 o presidente Mañueco cesou os conselleiros de Ciudadanos e convocou eleccións anticipadas nas que Amigo encabezou a lista do seu partido por León[2].

Notas[editar | editar a fonte]