Ambásidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parambassis ranga

Os Ambásidos (Ambassidae), ou peixes de cristal, son unha familia de peixes mariños e de auga doce, incluída na orde Perciformes. Segundo ITIS este nome de familia non é válido, e admite como correcto o nome máis antigo de Chandidae.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de tamaño pequeno (cun tamaño máximo de uns 26 cm) e o seu trazo característico é que o corpo é semitransparente. A aleta dorsal ten 7 a 8 espiñas e 7 a 11 radios brandos; a aleta anal ten tres espiñas e 7 a 11 radios brandos; as aletas pelviana, unha espiña e 5 radios brandos.

Están distribuídos por océanos e ríos de Asia e Oceanía.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en oito xéneros con 49 especies:

  • Xénero Ambassis (Cuvier, 1828)
  • Xénero Chanda (Hamilton, 1822)
  • Xénero Denariusa (Whitley, 1948)
  • Xénero Gymnochanda (Fraser-Brunner, 1955)
  • Xénero Paradoxodacna (Roberts, 1989)
  • Xénero Parambassis (Bleeker, 1874)
  • Xénero Pseudambassis (Bleeker, 1874)
  • Xénero Tetracentrum (Macleay, 1883)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ambásidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ambásidos