Amaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amaro é un nome propio galego de home; non hai certeza da súa procedencia - quizais do celta latinizado amaruos (inmorrente). A forma feminina é Amara. O nome Amaro é especialmente común no noroeste da Península Ibérica: Galicia, Portugal e León[1]. No ano 2014 levaban o nome 99 residentes en Galicia [2].

Noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Amar: catalán
  • Amaro: castelán, portugués

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
  • Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
  • Amaro González, relixioso galego do século XVI.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]