Amador Díaz Penín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmador Díaz Penín
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Hannover, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Xinzo de Limia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego , político Editar o valor em Wikidata

Amador Díaz Penín, nado en Hannover en 1972, é un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agricultor. Propietario de Patatas Ama, traballa nunha empresa de produtos agrícolas. É presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia e presidente da Comunidade de Regantes Alta Limia. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidato número 5 do BNG ao concello de Xinzo de Limia, foi elixido concelleiro e foi concelleiro de Cultura. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do BNG e foi elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura do BNG nas municipais de 2007 e 2011, e volveu ser elixido concelleiro. En marzo de 2012 abandonou o BNG e cesou como concelleiro.[1] Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) que obtivo 2 concelleiros e apoiou a candidata do PSdeG-PSOE Elvira Lama Fernández. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) e obtivo tres concelleiros, pero foi elixido alcalde Xinzo de Limia grazas ao apoio dos catro concelleiros do PPdeG.[2]


Predecesor:
Elvira Lama Fernández
 
Alcalde de Xinzo de Limia
 
2023 - actuaalidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]