Alfredo Bautista Alconero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Ponteareas, España |
Morte | 13 de decembro de 2000 (87/88 anos) O Porriño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | debuxante , político |
Lingua | Lingua castelá |
Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño e Rey, nado en Ponteareas o 4 de novembro de 1912[1] e finado no Porriño o 13 de decembro de 2000,[2] foi un debuxante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Facía caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Futbolista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero Piruel. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere. Cumpriu a condena no campo de concentración da Illa de San Simón, onde fixo caricaturas de varios dos alí recluídos. Saíu en liberdade en 1940, casou e instalouse no Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero leva o seu nome.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Charo Hermida.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Tea, 16-11-1912, p. 72.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 15-12-2000, p. 72.
- ↑ "Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-157-5.
- Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alfredo Bautista Alconero na páxina web Nomes e Voces.