Alexandra Fernández Carnero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAlexandra Fernández Carnero
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora artística Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEmilio Fernández Celeiro Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1768785 Editar o valor em Wikidata


Alexandra Fernández Carnero, nada en Caracas en 1965[1], é unha directora artística galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do pintor Emilio Fernández Celeiro. Deseñadora gráfica, arquitecta pola Facultade de Arquitectura e Urbanismo de Caracas (1991), participou no obradoiro de Deseño de Escenografía no Anatoli Goldberg - Instituto de Teatro de Caracas. Ten un mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña (2003).

Iniciou a súa carreira en Venezuela, con obras como Amber Room, Vulcanteufel e Brenda. Chegou a Galicia en 2001 e comezou a traballar no audiovisual (longametraxes cinematográficas, telefilmes e series para a TV) e desenvolveu traballo publicitario. Desde finais dos anos noventa foi axudante e responsable da dirección artística de varias películas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Mestre Mateo 2011 á dirección artística por Doentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alexandra Fernández". Pintores Gallegos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]