Alcifrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alcifrón foi un retórico grego do século II, contemporáneo de Luciano de Samosata. Autor dunha serie de cartas ficticias en dialecto ático que reflicten o carácter e costumes dos seus contemporáneos.

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse 118 cartas e 6 fragmentos, consideradas modelo de estilo, os supostos escritores son campesiños, mariñeiros, parasitos e cortesáns que expresan os seus sentimentos nunha linguaxe elegante e con moito realismo. Alcifrón colle moitos dos seus caracteres cortesáns de Menandro.