Aksel V. Johannesen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAksel V. Johannesen

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fo) Aksel Vilhelmsson Johannesen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Klaksvík, Illas Feroe Editar o valor em Wikidata
Løgmaður
22 de decembro de 2022 –
Løgmaður
15 de setembro de 2015 – 16 de setembro de 2019
← Kaj Leo Johannesen (pt) TraducirBárður á Steig Nielsen (pt) Traducir →
Temporary Member of the Folketing (en) Traducir
20 de abril de 2012 – 20 de maio de 2012
← Sjúrður Skaale (pt) Traducir
Lexislatura: Folketing 2011–2015 (en) Traducir

Circunscrición electoral: Illas Feroe
Member of the Løgting (en) Traducir
29 de outubro de 2011 –
Finance Minister of the Faroe Islands (en) Traducir
21 de febreiro de 2011 – 14 de novembro de 2011
← Jóannes Eidesgaard (en) TraducirJørgen Niclasen (en) Traducir →
Health Minister of the Faroe Islands (en) Traducir
16 de xullo de 2009 – 21 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , futbolista , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social-Democrata (Ilhas Faroé) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa e lingua feroesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaIllas Feroe Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1995 KÍ Klaksvík (pt) Traducir 38(3) Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiVilhelm Johannesen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: aksel.johannesen Editar o valor em Wikidata

Aksel Vilhelmsson Johannesen, nado en Klaksvík o 8 de novembro de 1972 é un avogado e político feroés do partido socialdemócrata Javnaðarflokkurin. É o primeiro ministro das Illas Feroe dende decembro de 2022. Anteriormente foi primeiro ministro dende setembro de 2015[1] até setembro de 2019. Comezou a súa carreira política sendo membro do Løgting e chegou a ocupar os cargos de Ministro de Sanidade, Ministro de Facenda e Vice-Primeiro Ministro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Klaksvík, segunda meirande cidade das Illas Feroe, o día 8 de novembro de 1972, fillo do político Vilhelm Johannesen, que foi ministro das illas. Durante a súa xuventude, xogaba no club de fútbol KÍ Klaksvík (38 partidos e 3 goles na liga das Feroe, campión nacional en 1991, gañador da Copa 1994), do cal chegou a ser o presidente.

No ano 2004, obtivo unha mestría en dereito pola Universidade de Copenhague e despois trasladouse á cidade de Tórshavn, onde exerceu como avogado até o 2007, ano no que iniciou a súa carreira política. Entrou no mundo da política, ingresando no Javnaðarflokkurin (Partido da Igualdade), co que se presentou ás Eleccións xerais de 2008 das Illas Feroe, acadando o escano como membro do Løgting ("Parlamento"). Durante esa lexislatura, o 16 de xullo de 2009, trala renuncia do político Hans Pauli Strøm, converteuse en Ministro de Sanidade, até que dimitiu do cargo e o 21 de febreiro de 2011 pasou a ser o Ministro de Facenda. O día 5 de marzo do mesmo ano, foi elixido como presidente do partido, e o 6 de abril deixou o seu cargo de ministro e foi nomeado Vice-Primeiro Ministro.

Nas eleccións xerais de 2011, presentouse como principal candidato mais non logrou a vitoria, quedando como cuarta forza política máis votada. Tralas eleccións xerais de 2015, volveuse presentar como principal candidato e desta volta si logrou a vitoria electoral cun total do 25,1% dos votos, conseguindo que o seu partido fose como forza máis votada. O día 15 de setembro dese ano, foi investido como o 13º Primeiro Ministro das Illas Feroe, sucedendo a Kaj Leo Johannesen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rana, Hallur av (15 de setembro de 2015). in.fo, ed. "Hetta er nýggja landsstýrið" (en feroés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]