Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino, máis coñecida por motivos de patrocinio como Sidigas Avellino, é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión de Campania. Fundado en 1948, actualmente xoga na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano.
Recibe o nome de Air Avellino por mor do seu patrocinador, Autoservizi Irpini (A.IR.), a axencia que se ocupa do transporte en Avellino e a súa provincia. Obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogan os seus encontro coma local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5.100 espectadores.
O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia.
Nomes ao longo da historia [editar]
Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[1]
- Pasta Baronia Avellino (1996-97)
- Cirio Avellino (1997-98)
- Select Avellino (1998-99)
- Nicoloro Avellino (1999)
- De Vizia Avellino (1999-02)
- A.IR. Avellino (2003-11)
- Sidigas Avellino (2011-presente)
Títulos nacionais [editar]
Coppa Italia: 1
- 2008
Cadro actual [editar]
| Sidigas Avellino 2011-2012 |
| Xogadores |
Adestradores |
|
|
- Adestrador
Francesco Vitucci
- Asistente(s)
Tonino Zorzi
- Lenda
- (C) Capitán
- (E) Xoga só na Euroliga
- (PE) Pasaporte europeo
- (ca) Procede da canteira
Lesionado
Cadro
Actualizado: 04-05-2012
|
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]