Machi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O machi é o sacerdote da relixión tradicional mapuche, na actualidade a maioría dos machis son mulleres pero historicamente a función tamén foi amplamente desempeñada por homes.

O machi é o encargado de dirixir os ceremoniais de curación denominados machitún, en casos excepcionais tamén se encarga de presidir a cerimonia do Guillatún, mediante a cal a comunidade se comunica co mundo espiritual. O machi tamén ten a función ser o oráculo do lonco local e en tempos antigos tamén aconsellaba sobre a paz e a guerra. O machi asume tamén o papel de curador na medicina mapuche, coñece o valor medicinal de cada planta e ten o poder dos espíritos e os soños.

O machi normalmente seleccionase na infancia, xa que debe pasar por un proceso longo e complexo de aprendizaxe. É o kugna que posúe cada liñaxe ou familia o que determinará quen será a persoa que asumirá o posto que pode ser determinada por revelacións sobrenaturais, por transmisión herditaria, por influencia da súa familia, polo seu poder para curar enfermidades ou ben por iniciativa propia.

Os conquistadores españois consideraban bruxas ás machis e por iso eran obxecto de persecución, chegando mesmo á queima pública.