Adolfo Dobaño Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 |
Morte | 16 de agosto de 2023 (96/97 anos) Bande, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Adolfo Dobaño Otero, nado en 1926 e finado en Bande o 16 de agosto de 2023[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Encabezou a candidatura da UCD en Bande nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Abandonou a alcaldía en 1983, tras non ser incluído na candidatura da Coalición Galega. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG mais non logrou recupera-la alcaldía.
Predecesor: ? |
Alcalde de Bande ? - 1983 |
Sucesor: Amador de Celis |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Álvarez e tivo 2 fillas.