Adiviña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha adiviña é unha pregunta enxeñosa ou un enigma. É un xogo que consiste en procura-la resposta á pregunta ou encontrar o sentido oculto dunha frase.

Moitas veces as adiviñas teñen unha rima interna e cóntanse ós nenos para estimular a súa agudeza. As adiviñas tradicionais forman parte da literatura oral dunha lingua, un exemplo de adiviña popular galega é "Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dalle-dalle, catro mexafontes e un rega-montes?". Prema aquí para ve-la solución.