Accursio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accursio (en italiano Accorso ou mesmo Accorso di Bagnolo; c. 1182 – 1263) foi un xurista italiano. É notábel pola súa organización das glosas, comentarios medievais sobre as codificacións do dereito de Xustiniano, o Corpus Iuris Civilis.
Recompilou preto de 100.000 glosas, ao texto completo do Corpus iuris civilis, chamada a Glosa ordinaria ou magistralis ou Magna glosa, fundamento do dereito europeo.
Foi pai do tamén xurista Francesco d'Accorso, quen ademais é personaxe da Divina Comedia de Dante.