Accidente do Marisquiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente do Marisquiño
LugarPaseo das Avenidas, Vigo Galicia
Coordenadas42°14′30″N 8°43′15″O / 42.241583333333, -8.7207083333333Coordenadas: 42°14′30″N 8°43′15″O / 42.241583333333, -8.7207083333333
Data12 de agosto de 2018
23:58
Mortos0
Feridos377-467
MotivoExceso peso na pasarela de madeira.
editar datos en Wikidata ]

O accidente do Marisquiño foi un suceso acontecido no paseo das Avenidas na noite do 12 de agosto de 2018 en Vigo durante a celebración do festival de deportes urbanos O Marisquiño. Non houbo vítimas mortais pero si feridos de diversa consideración.

As causas do derrubamento foron o exceso de peso que soportaba a estrutura de madeira, que non estaba pensada para soportar concertos.

Suceso[editar | editar a fonte]

O accidente aconteceu ás 23:58 horas do 12 de agosto de 2018, cando cedeu a estrutura da formigón sobre a que descansaba a plataforma de madeira do paseo marítimo das Avenidas, no porto de Vigo, durante o concerto de música da cantante Rels B.

Centos de persoas asistentes ao espectáculo caeron ao mar. Non se contabilizou ningunha vítima mortal. O número de feridos estableceuse en 377 persoas,[1] aínda que de diversa consideración chegaron a 467.[2] A aseguradora do festival, pola contra, foi condenada a pagas o custo da asistencia ás vítimas, logo dun fallo do TSXG.[3]

En setembro dese mesmo ano o parlamento de Galicia creo unha comisión de investigación para esclarecer responsabilidades sobre o accidente.[4]

Investigación[editar | editar a fonte]

Tras o suceso estableceuse unha investigación xudicial para tratar de dilucidar a responsabilidade do accidente. O Concello de Vigo defendía a tese de que era Portos de Galicia, concretamente o porto de Vigo, quen era propietario dos terreos.[5] Porén, o porto defendía que, malia seren os propietarios das instalacións, os encargados do seu mantemento era o órgano municipal. Finalmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a prol destes últimos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]