Abridor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abridor sinxelo

O abridor é un trebello metálico utilizado para abrir botellas retirando a chapa. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca. Pola súa gran utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising, por exemplo, para envasadores de bebidas que incorporan o seu logotipo ou imaxe no mango.

Índice

[editar] Tipos

Entre os diferentes tipos de abridor, pódense destacar:

  • O abridor de mango curto moi propio da hostelería pois pódese transportar no peto. O seu movemento é de atrás a adiante esixindo maior esforzo e habilidade ca os de mango longo. Tamén pode ser pregable combinado cun tirarrollas ou integrado nunha navalla suíza.
  • O abridor con cabeza arredondada cuxo movemento de apertura é de adiante a atrás. Por veces, combínase cun sacarrollas de ás.
  • O apegado a unha parede ou integrado nun recipiente que se emprega para recoller as chapas.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas