A historia de don Servando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia de don Servando
Lingualingua galega
Xénero(s)crónica
editar datos en Wikidata ]

A Historia de don Servando é unha obra de historia redactada en lingua galega durante o século XVII. Permaneceu inédita até o século XX, conservada nun manuscrito entre os fondos da Fundación Penzol.

Características[editar | editar a fonte]

A obra é tamén coñecida como História Gótica, ou polo título completo Historia de Don Servando, obispo de Orense, traducida en lengua gallega y adicionada por Don Pedro Seguino, obispo también de Orense, que vivía Era 1191. Año 1153. Trasladada de sus originales en letra gótica por don Joseph Pellicer de Touar, Señor de la casa de Pellicer. Cronista Mayor de su Magestad. Año de MDCXLVI. Foi ideada polos irmáns Juan e mais Fernando Fernández de Boán, orixinarios de Sitiós (Santa Uxía de Asma) co fin de xustificar orixes nobres para ascender de escala social[1]. Ao tratarse dun falso cronicón, o seu valor como documento histórico é moi escaso. Pola contra, é unha fonte esencial para o estudo da lingua galega, ao tratarse dunha das poucas manifestacións conservadas do galego escrito no tempo dos Séculos Escuros.

Edicións modernas[editar | editar a fonte]

A edición máis recente da obra foi realizada por José Antonio Souto Cabo, e publicada en Ediciós do Castro no 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Lamazares Rodríguez. "A historia de don Servando". Eirexe.