A Chave d'os Rayos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Chave d'os Rayos
editar datos en Wikidata ]

A Chave d'os Rayos foi un periódico publicado en Caldas de Reis en 1922.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en xaneiro de 1922. No seu primeiro número anunciaba que "saldrá cando conveña" e proclamábase "defensor d’os intereses galegos e d’a xente honrada contra os pícaros".[1] Dirixido por Laureano Salgado Rodríguez, entre os seus colaboradores figuraron Jaime Solá, Ramón Salgado Rodríguez, Antonio Palacios e José Palacios.[2][3] El Ideal Gallego cualificouno como "defensor de los labradores gallegos y fustigador del caciquismo!".[4] En abril anunciouse a publicación dun número extarordinario dedicado ás vodas de prata do cardeal José María Martín de Herrera.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 19-1-1922, p. 1.
  2. Vida Gallega, 15-2-1922, p. 9.
  3. "En el convento de San Patrik. El nimbo de la Virgen de la Roca y la Asociación de la Prensa de Vigo", El Pueblo Gallego, 4-4-1924, p. 11.
  4. El Ideal Gallego, 19-1-1922, p.
  5. El Compostelano, 21-4-1922, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]