Śląsk Wrocław (baloncesto)
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 1947 como Trefl Sopot | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Hala Orbita (3.000) Hala Ludowa (7.000) (P. da Humanidade) |
|
| Cores | Verde e branco | |
| Presidente | Przemysław Koelner | |
| Adestrador | Miodrag Rajkovic | |
| Polska Liga Koszykówki | 17 (1965, 1970, 1977, 1979, 1980, 1981, 1987, 1991, 1992, 1993, 1994, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002) | |
| Copa | 12 (1957, 1959, 1972, 1973, 1977, 1980, 1989, 1990, 1992, 1997, 2004, 2005) | |
| Supercopa | 2 (1999, 2000) | |
| Sitio Web | slask.wroclaw.pl | |
O Wojskowy Klub Sportowy Śląsk Wrocław, coñecido sinxelamente como Śląsk Wrocław, é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Wrocław, na Baixa Silesia. Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco. Fundado en 1947, é un dos equipos polaco máis laureado con dezasete Ligas e doce Copas (até 2011).
Índice |
Historia[editar]
Denominacións[editar]
- Bergson Śląsk Wrocław
- Era Śląsk Wrocław
- Deichmann Śląsk Wrocław
- Idea Śląsk Wrocław
- Zepter Idea Śląsk Wrocław
- Zepter Śląsk Wrocław
- Śląsk ESKA Wrocław
- Śląsk Wrocław
- CWKS Wrocław
Pavillón[editar]
Aínda que habitualmente xoga os seus encontros coma local no Hala Orbita, con capacidade para 3.000 espectadores, tamén xoga ocasionalmente no Centro do Centenario de Wrocław, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores en partidos de baloncesto e que forma parte da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 2006.
Destaca da súa construción a súa cúpula, de formigón armado e cun diámetro interior de 69 m e 42 m de alto, sendo trala súa construción o edificio máis grande do mundo do seu estilo. O pavillón converteuse nunha referencia crave para o desenvolvemento das estruturas de formigón armado no século XX. En 1948 colocouse fronte ao pavillón unha escultura de metal de 100 metros de alto con forma de agulla chamada Iglica.
Palmarés[editar]
- Polska Liga Koszykówki: 17
- 1965, 1970, 1977, 1979, 1980, 1981, 1987, 1991, 1992, 1993, 1994, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002
- Copa de Polonia: 12
- 1957, 1959, 1972, 1973, 1977, 1980, 1989, 1990, 1992, 1997, 2004, 2005
- Supercopa de Polonia: 2
- 1999, 2000