Ángel Vidal Pérez
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Ángel Vidal Pérez foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fundou e dirixiu o semanario satírico El Cínife. Foi detido o 7 de decembro de 1894 e procesado por un delito de imprenta (publicar en El Cínife unha crítica a un poema escrito por un comandante de infantaría).[1] Xulgado en Consello de guerra en febreiro de 1895, foi condenado a tres anos de prisión. Pero foi posto en liberdade o 19 de xullo dese ano e recibiu unha homenaxe en Ourense nos días posteriores. Acostumaba asinar co pseudónimo Legna Ladiv[2]. Foi inspector de vixilancia de Facenda.
Obras[editar | editar a fonte]
- Instantáneas, 1898.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Noticia en El País, 20-12-1894, p. 3.
- ↑ Noticia en Gaceta de Galicia, 1-8-1895, p. 2.