Christopher Nolan (escritor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1965 Mullingar - An Muileann gCearr, Irlanda |
Morte | 20 de febreiro de 2009 (43 anos) Beaumont Hospital, Dublin, Irlanda (en) |
Causa da morte | Morte accidental (Engasgo (pt) ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | Mount Temple Comprehensive School (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor |
Lingua | Lingua irlandesa |
Christopher Nolan, nado o 6 de setembro de 1965 en Mullingar e finado o 20 de febreiro de 2009 en Dublín, foi un escritor irlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Por mor de complicacións durante o parto Nolan naceu con distonía e cunha parálise cerebral coa mobilidade reducida á cabeza e aos ollos, movemento que era a súa única forma de comunicación cos outros, a partir dos once anos tras aplicarlle unha medicina que lle relaxaba os músculos do pescozo[1] puido comezar a escribir e para iso utilizaba un ordenador cun teclado especial que accionaba cun punteiro colocado na súa cabeza. Tras pasar a súa infancia na súa cidade natal a familia mudouse a Dublín para que Nolan puidese estudar. Aos quince anos publicou o seu primeiro libro, unha colección de poemas titulado Dam-Burst of Dreams. Tras rematar secundaria entrou no Trinity College e en 1987 publicou Under the Eye of the Clock, unhas memorias da súa infancia polas que gañou o Premio Whitbread Book. En 1999 publicou a novela The Banyan Tree.