Concello de Moreiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Moreiras
Tipoantigo concello de España
Data de fundación15 de xullo de 1836
Data de disolución9 de xaneiro de 1927
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de San Nicolao de Novás.

Moreiras foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1927.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado na Comarca da Limia, comprendía sete parroquias: Moreiras, Seoane de Oleiros, Faramontaos, Novás, Laroá, San Pedro de Laroá e Gudín.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836. O 9 de xaneiro de 1927 incorporouse ao concello de Xinzo de Limia en virtude da fusión acordada polas respectivas corporacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2012). Grupo Pedro González de Ulloa de Estudos Históricos da Limia, ed. Historia de Xinzo de Limia. Xinzo de Limia. ISBN 978-84-616-1499-8.