Ángel Mato
Nome orixinal | (es) Angel Manuel Mato Escalona |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de decembro de 1970 (53 anos) Ferrol, España |
Alcalde de Ferrol | |
xuño de 2019 – 2023 ← Jorge Suárez – Xosé Manuel Rey → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Ángel Manuel Mato Escalona, nado en 1971 en Ferrol, é un político galego, alcalde de Ferrol entre 2019 e 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en ciencias químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe de seguridade e prevención de riscos laborais en varias empresas privadas. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Urbanismo de Ferrol entre 2007 e 2011 e senador de 2016 a 2019.
Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía ferrolá polo PSdeG.[1] O seu partido foi a segunda forza máis votada, con 8 concelleiros, 3 máis que na anterior lexislatura e por detrás do PPdeG que obtivo 12. Non obstante, Ángel Mato foi investido alcalde de Ferrol o 15 de xuño de 2019 grazas ao apoio dos tres concelleiros de Ferrol en Común e os dous do BNG.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Jorge Suárez |
Alcalde de Ferrol 2019 - 2023 |
Sucesor: Xosé Manuel Rey |