Xacinto de Compostela
Xacinto de Compostela | |
---|---|
Xacinto de Compostela procedente de Guadalajara (España) | |
Fórmula química | SiO2:(con impurezas de óxido de ferro) |
Clase | Óxidos (4.DA.05 Strunz) |
Cor | Vermello, alaranxado |
Dureza | 7 |
Fractura | Concoidea |
Raia | Branca |
Densidade | 2,65 |
O xacinto de Compostela é unha variedade de cuarzo autixénico que se caracteriza pola súa cor rubia ou laranxa arroibada, debido a inclusións de materiais arxilosos de cor vermella.[1]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Recibe o nome de xacinto de Compostela porque ao parecer era levada polos peregrinos que realizaban o camiño de Santiago.[2]
A denominación de "cuarzo hematoide" coa que se coñece a distintos tipos de cuarzo cristalizado de cor vermella é de orixe clásica: hemato-, provén do grego antigo αι̃μα, αι̃ματος (aïma, aïmatos) «sangue» e -oïde, do grego antigo -ειδής de ει̃δος (eïdos) «forma, aspecto».
Características[editar | editar a fonte]
- O xacinto de Compostela está asociado á xeoloxía característica da facies Keuper do Triásico: margas, xesos e aragonitas. Tamén pode atoparse ocasionalmente en terreos máis modernos, formados pola meteorización dos anteriores.
- Aparece en cristais individuais de até 4 centímetros, aínda que xeralmente son de tamaño reducido, ou en agregados de cristais diverxentes, en forma de "piñas"
Xacementos destacables[editar | editar a fonte]
- España[3]
- Río Galo, Molina de Aragón, Guadalaxara, Castela-A Mancha
- Río Bolbaite, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana
- Cova de El Chato, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana
- La Pinada, Montroi, Valencia, Comunidade Valenciana
- El Coscojar, Alpeñés, Teruel, Aragón.
- Francia
- Bastennes, Amou, Landas, Francia
- USA
- Acme area, Chaves co, New Mexico Klecany[4]
Galería[editar | editar a fonte]
-
Xacinto de Compostela, Guadalaxara (España)
-
Cristais de xacinto de Compostela
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jacinto de Compostela. Mindat".
- ↑ Naturaleza Nazarí SL 2015. "FICHA TÉCNICA: Cuarzo, var. Jacinto de compostela". GRANADA NATURAL (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2016.
- ↑ Calvo Rebollar, Miguel (2016). Minerales y Minas de España. Vol VIII. Cuarzo y otros minerales de la sílice. (en castelán). Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Minas de Madrid. Fundación Gómez Pardo. ISBN 978-84-95063-95-3.
- ↑ "Mindat. Acme area, Chaves Co., New Mexico, USA".