Xacinto de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xacinto de Compostela
Xacinto de Compostela procedente de Guadalajara (España)
Fórmula químicaSiO2:(con impurezas de óxido de ferro)
ClaseÓxidos (4.DA.05 Strunz)
CorVermello, alaranxado
Dureza7
FracturaConcoidea
RaiaBranca
Densidade2,65

O xacinto de Compostela é unha variedade de cuarzo autixénico que se caracteriza pola súa cor rubia ou laranxa arroibada, debido a inclusións de materiais arxilosos de cor vermella.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Recibe o nome de xacinto de Compostela porque ao parecer era levada polos peregrinos que realizaban o camiño de Santiago.[2]

A denominación de "cuarzo hematoide" coa que se coñece a distintos tipos de cuarzo cristalizado de cor vermella é de orixe clásica: hemato-, provén do grego antigo αι̃μα, αι̃ματος (aïma, aïmatos) «sangue» e -oïde, do grego antigo -ειδής de ει̃δος (eïdos) «forma, aspecto».

Características[editar | editar a fonte]

  • O xacinto de Compostela está asociado á xeoloxía característica da facies Keuper do Triásico: margas, xesos e aragonitas. Tamén pode atoparse ocasionalmente en terreos máis modernos, formados pola meteorización dos anteriores.
  • Aparece en cristais individuais de até 4 centímetros, aínda que xeralmente son de tamaño reducido, ou en agregados de cristais diverxentes, en forma de "piñas"

Xacementos destacables[editar | editar a fonte]

  • España[3]
    • Río Galo, Molina de Aragón, Guadalaxara, Castela-A Mancha
    • Río Bolbaite, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana
    • Cova de El Chato, Chella, Valencia, Comunidade Valenciana
    • La Pinada, Montroi, Valencia, Comunidade Valenciana
    • El Coscojar, Alpeñés, Teruel, Aragón.
  • Francia
    • Bastennes, Amou, Landas, Francia
  • USA
    • Acme area, Chaves co, New Mexico Klecany[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jacinto de Compostela. Mindat". 
  2. Naturaleza Nazarí SL 2015. "FICHA TÉCNICA: Cuarzo, var. Jacinto de compostela". GRANADA NATURAL (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  3. Calvo Rebollar, Miguel (2016). Minerales y Minas de España. Vol VIII. Cuarzo y otros minerales de la sílice. (en castelán). Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Minas de Madrid. Fundación Gómez Pardo. ISBN 978-84-95063-95-3. 
  4. "Mindat. Acme area, Chaves Co., New Mexico, USA".