Túmulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Túmulo funerario dos reis Silla en Corea.

Un túmulo é o nome que recibe unha morea de terra e pedras sobre unha tumba ou varias, e que se remonta á época das Idades de Pedra, de Bronce e de Ferro. En Galicia atopamos restos de túmulos en todo o territorio.

Orixinariamente consistía nunha morea de rochas que recubrían directamente o corpo, mais a súa estrutura foi modificada e estes soterramentos foron cubertos por terra até formar verdadeiras montañas artificiais, ao longo dos séculos, e medrando en tamaño até chegar a se converter en cámaras funerarias nas que repousaban tanto o guerreiro morto como as súas armas e as súas principais pertenzas. En ocasións acollían o soterramento de numerosos individuos. A aparición dos túmulos está habitualmente relacionada cunha forma de reivindicación de dereitos sobre as terras nas que se situaban. Canto menos visíbeis desde o lonxe eran os asentamentos, máis visíbeis se facían os túmulos, a xeito de indicadores de que o territorio estaba ocupado.

Túmulo etrusco de cámara na cidade de Blera.

Clasificación pola súa forma[editar | editar a fonte]

Túmulos (barrow): en campá (bell), disco (disc) e cunca (bowl).

Adóitanse distinguir pola súa forma e reciben os nomes a seguir:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]