Máquina de coser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Máquina de coser moderna (Singer Symphonie 300).

Unha máquina de coser é unha máquina que se emprega para coser tea e outros materiais xunto con fío.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As máquinas de coser inventáronse durante a primeira Revolución Industrial para diminuír a cantidade de traballo manual de cosido realizado nas empresas de confección de roupa. Dende a invención da primeira máquina de coser para traballar, atribuída en xeral ao inglés Thomas Saint en 1790,[1] a máquina de coser mellorou moito a eficiencia e a produtividade da industria da confección.

As máquinas de coser domésticas están deseñadas para que unha persoa poida coser artigos individuais empregando un único tipo de puntada. Nunha máquina de coser moderna a tea deslízase de xeito doado dentro e fóra da máquina sen o inconveniente das agullas, dedais e outras ferramentas que se empregan na costura a man. A automatización do proceso comporta un aforro de tempo. Pola súa banda, as máquinas de coser industriais son meirandes, máis rápidas, máis complexas e máis variadas no seu custo, aparencia e tamaño.

O mecanismo de desprazamento da tea pode ser unha guía ou pode ser un patrón controlado (por exemplo, o tipo Jacquard). Nalgunhas máquinas de coser modernas tamén se adoitan atopar protectores de agullas e dispositivos de seguridade para evitar lesións accidentais por picadas de agulla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ISMACS (ed.). "A brief history of the sewing machine". Consultado o 8 de agosto de 2014.