Ligre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ligre é un felino híbrido nado da unión dunha tigresa e dun león (a unión dunha leoa e dun tigre macho dá un tigrón). O ligre, así como todos os híbridos entre diferentes especies felinas, é o resultado dun cruzamento totalmente artificial. Non se atopa endexamais un híbrido felino dentro da natureza, por mor do afastamento xeográfico, dos períodos diferentes de reprodución e sobre todo do comportamento diferente de cada especie. Tódolos ligres macho coñecidos son estériles, pero as femias poden ser fértiles nalgúns casos.

Unha característica salientable dos ligres é que medran desmesuradamente,e, de feito, considéranse os felinos máis grandes que existen.[1] Isto explícase polo fenómeno xenético da impronta xenética na que xenes que tenden a inhibir o crecemento se expresan ou non nos fillos segundo o sexo do proxenitor do que recibiu os xenes, e neste caso o patrón de expresión non coincide nas dúas especies proxenitoras. As leoas teñen xenes que se expresan que inhiben o crecemento excesivo (que non se expresan no león macho); os tigres macho tamén expresan este tipo de xenes (e as tigresas non). Como os que se aparean son o león e a tigresa, ambos os dous non expresan xenes que tendan a inhibir o crecemento, e o ligre crece desmesuradamente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Liger cubs nursed by dog in China's Xixiakou Zoo". BBC News Asia-Pacific. 31 xullo 2012. Consultado o 31 xullo 2012. 
  2. "Growth dysplasia in hybrid big cats". Consultado o 31 xullo 2012.