Saltar ao contido

Antracita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antracita

A antracita é o carbón mineral de máis alto rango e o que presenta maior contido en carbono, até un 95%. É negro, brillante e moi duro, con iridacións e sonoro á percusión.

A súa densidade varía entre 1,2 e 1,8 g/cm3.

Debido ao seu baixo contido en materia volátil, a antracita presenta unha ignición dificultosa. Arde dando unha chama azul curta e con pouco fume. O seu poder calorífico varía entre 23 e 69 MJ/kg, lixeiramente inferior ao dos carbóns bituminosos.

Procede da transformación da hulla e formouse hai uns 250 millóns de anos, durante os períodos Carbonífero e Permiano, na era Primaria. É por tanto o carbón máis antigo e case sempre está metamorfizado.

Este carbón fósil está formado no paleozoico. Os principais depósitos de antracita áchanse na China e en Rusia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]