Zonotrichia capensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Zonotrichia capensis
Zonotrichia capensis -Buenos Aires, Argentina-8.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Zonotrichia
Especie: Z. capensis
Nome binomial
Zonotrichia capensis
(Statius Müller, 1776)
Rango de distribución en verde

Rango de distribución en verde

O Zonotrichia capensis é unha especie de ave neotropical, do xénero Zonotrichia. É semellante á especie do pardal común, distinguíndose por posuír un copete con raias negras e unha figura menos rotunda.

Características[editar | editar a fonte]

Tico-tico verdadeiro no Parque da Independência, Museu do Ipiranga, São Paulo.

Acada entre 14 e 15 cm de longo. O peteiro é curto e recto, duns 15 mm. Amosa a coroa e a cara agrisadas, cunha banda negra. A gorxa é branca, cun visible colar na caluga de cor canela ou castaña. O ventre e o peito son pardo claro ou esbrancuxados, con reflexos máis escuros e os costados agrisados. O dorso é tamén pardo, manchado de negro, coas ás e a cola de ton máis escuro. Os xuvenís teñen plumaxe máis uniforme, con xaspeado máis escuro no peito.

As patas están ben adaptadas ó seu hábito arborícola. Amosa tres dedos orientados cara a adiante e un cara a atrás.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012) Zonotrichia capensis; The IUCN Red List of Threatened Species; Versión 2014.2. Consultada o 28 de outubro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Auer, Sonya K.; Bassar, Ronald D.; Fontaine, Joseph J. & Martin, Thomas E. (2007): Breeding biology of passerines in a subtropical montane forest in Northwestern Argentina. Condor 109(2): 321–333 [English with Spanish abstract]. doi [321:BBOPIA2.0.CO;2 10.1650/0010-5422(2007)109[321:BBOPIA]2.0.CO;2]PDF fulltext
  • Dod, Annabelle Stockton (1992): Endangered and Endemic Birds of the Dominican Republic. Cypress House. ISBN 1-879384-12-4