Zona Sur (filme)
Zona Sur | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zona Sur |
Director | Juan Carlos Valdivia |
Produtor | Gabriela Maire Ximena Valdivia |
Guión | Juan Carlos Valdivia |
Intérpretes | Ninón del Castillo Pascual Loayza Nicolás Fernández Juan Carlos Koria |
Música | Cergio Prudencio |
Fotografía | Paul de Lumen |
Estudio | Cinenómada |
Estrea | 2009 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Bolivia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Zona Sur é un filme boliviano de 2009 dirixido por Juan Carlos Valdivia. Foi filmada na zona sur dos barrios de Calacoto e La Florida, da cidade da Paz, en Bolivia. Foi escollido como candidato de Bolivia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta a situación dunha familia de clase alta e como esta lida cos conflitos internos, así como coa súa relación cos seus empregados, que son de orixe indíxena. A historia trata sobre a vida dunha nai de familia divorciada con tres fillos a quen cría pola súa conta. Na súa casa conviven cos seus empregados de raíces aimarás.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O filme participou en varios festivais internacionais como o de Huelva en España, o do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, o Festival Internacional de Cinema de Toquio e o Festival de Cinema de Sundance de 2010, obtendo neste último os premios a mellor dirección e mellor guión na categoría internacional.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ lapatriaenlinea.com, ed. (2 de febreiro de 2010). "Película boliviana "Zona Sur" ganadora en el festival de cine Sundance". Consultado o 28 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Bolivia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar