O Festival Internacional de Cinema de Tokyo(東京国際映画祭,Tōkyōkokusaieigasai?, TIFF) é un festival de cinema estabelecido na cidade xaponesa de Tokyo en 1985. O evento celebrouse cada dous anos dende 1985 até 1991, e dende 1991 celébrase anualmente. Xunto co Festival Internacional de Cinema de Shanghai, é un dos festivais de cinema competitivos de Asia, e o único festival xaponés acreditado pola FIAPF.[1][2]
Os galardóns outorgados durante o festival mudaron ao longo da súa existencia, mais o Grand Prix de Tokyo, concedido ao mellor filme, mantívose como o premio máis importante. Outros premios que foron concedidos de xeito regular son o Premio Especial do Xurado e os de mellor actor, actriz e director.[3]
Nos últimos anos, os eventos principais do festival véñense celebrando durante unha semana a finais de outubro en Roppongi Hills. Os eventos inclúen proxeccións ao aire libre, proxeccións con voces superpostas e aparicións dos actores, así como seminarios e simposios relacionados co mercado cinematográfico.[2]