Ziriako Iturri
Nome orixinal | (es) Ciriaco de Iturri (eu) Ziriako Iturri |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Ciriaco (de) Iturri y Urlezaga c. 1844 Biscaia, España |
Morte | Despois de 14 de xullo de 1894 |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Carreira militar | |
Lealdade | Carlismo |
Rango militar | capitán |
Ziriako Iturri Urzelaga foi un histórico político nacionalista vasco do PNV. Anteriormente fora capitán do exército carlista.
Cando Sabino Arana o 14 de xullo de 1894 funda a sociedade "Euskeldun Batzokija", na rúa Correo, 22 de Bilbao, iniciándose así a organización do Partido Nacionalista Vasco, na cerimonia de apertura do centro, Ziriako Iturri, por ser o socio de máis idade, iza ás seis da tarde por primeira vez a bandeira nacional vasca, a "Ikurriña".[1] Arquivado 03 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
A ikurriña, deseñada polos irmáns Arana, foi pensada nun principio para que fose a bandeira da Biscaia independente, logo, dada a súa difusión, asociouse con toda a rexión.
Dita sociedade foi clausurada por orde gubernativa e os seus membros encarcerados pouco despois, resultando posteriormente absoltos. A sociedade volveu reabrirse, pero tras un novo peche foi disolta, aínda que posteriormente a súa estrutura repetiríase na organización municipal do partido.