Zenit-4MT (satélite)
Aparencia
Zenit-4MT ou Orion (índice GRAU 11F629) foi unha serie de satélites de recoñecemento militares da Unión Soviética.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Zenit-4MT estaban, como o resto de satélites de recoñecemento Zenit, baseados nas cápsulas Vostok e, con 6300 kg de masa, consistían nun módulo de servizo e un módulo de reentrada de forma esférica contendo as cámaras e a película fotográfica que debía ser devolta a terra e revelada. Os satélites estaban alimentados por batería e paneis solares e usaban unha cámara topográfica SA-106. As órbitas típicas dos Zenit-4MT estaban entre os 200 e os 250 km de altura. Lanzáronse 23 Zenit-4MT mediante foguetes Soiuz M e Soiuz U entre 1971 e 1982, sen fallos.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Foguete lanzador[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|
Zenit-4MT 1 | 27 de decembro de 1971 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 2 | 13 de xullo de 1972 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 3 | 27 de decembro de 1972 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 4 | 27 de xuño de 1973 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 5 | 17 de decembro de 1973 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 6 | 29 de xuño de 1974 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 7 | 4 de novembro de 1974 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 8 | 21 de marzo de 1975 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 9 | 12 de setembro de 1975 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 10 | 31 de marzo de 1976 | Soiuz-M | Éxito |
Zenit-4MT 11 | 21 de setembro de 1976 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 12 | 10 de xuño de 1977 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 13 | 8 de febreiro de 1978 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 14 | 1 de novembro de 1978 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 15 | 28 de decembro de 1978 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 16 | 3 de agosto de 1979 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 17 | 5 de outubro de 1979 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 18 | 15 de maio de 1980 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 19 | 23 de setembro de 1980 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 20 | 16 de xaneiro de 1981 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 21 | 18 de setembro de 1981 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 22 | 12 de xaneiro de 1982 | Soiuz-U | Éxito |
Zenit-4MT 23 | 3 de agosto de 1982 | Soiuz-U | Éxito |