Zenit-4MKT (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zenit-4MKT ou Fram (índice GRAU 11F635) foi unha serie de satélites de recoñecemento militares da Unión Soviética.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Zenit-4MKT estaban, como o resto de satélites de recoñecemento Zenit, baseados nas cápsulas Vostok e, con 6100 kg de masa, consistían nun módulo de servizo, un módulo de propulsión e outro de reentrada de forma esférica contendo as cámaras e a película fotográfica que debía ser devolta a terra e revelada. Os satélites estaban alimentados por batería e usaban unha cámara Priroda-3. As órbitas típicas dos Zenit-4MKT estaban entre os 200 e os 300 km de altura. Lanzáronse 27 Zenit-4MKT mediante foguetes Soiuz U entre 1975 e 1985, cun único fallo.[2][1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[2][1] Data de lanzamento[2][1] Foguete lanzador[2][1] Notas[2][1]
Zenit-4MKT 1 25 de setembro de 1975 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 2 21 de maio de 1976 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 3 4 de outubro de 1976 Soiuz-U Fallo
Zenit-4MKT 4 26 de maio de 1977 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 5 2 de setembro de 1977 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 6 23 de maio de 1978 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 7 3 de outubro de 1978 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 8 17 de maio de 1979 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 9 8 de xuño de 1979 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 10 22 de xuño de 1979 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 11 13 de xullo de 1979 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 12 21 de agosto de 1979 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 13 23 de maio de 1980 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 14 15 de xullo de 1980 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 15 22 de agosto de 1980 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 16 26 de setembro de 1980 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 17 22 de maio de 1981 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 18 16 de xuño de 1981 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 19 9 de outubro de 1981 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 20 23 de abril de 1982 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 21 13 de xullo de 1982 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 22 8 de setembro de 1982 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 23 28 de abril de 1983 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 24 3 de setembro de 1983 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 25 22 de maio de 1984 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 26 13 de setembro de 1984 Soiuz-U Éxito
Zenit-4MKT 27 6 de setembro de 1985 Soiuz-U Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Zenit-4MKT" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Zenit-4MKT (Fram, 11F635)" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]