Zamarreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zamarreiro é un dos oficios ou roles que se poden desenvolver na Festa dos Reis na Mezquita, no caso de ser nomeados polos que arreglan[1] ese ano.

Os elixidos teñen que levar a cara tapada cunha máscara, saco ou media, ademais de levar un pau de gran tamaño para bater na porta dos veciños e defenderse dos intentos de roubar o aguinaldo por parte dos nenos do pobo. O seu cometido é facilita-la tarefa de pedi-lo aguinaldo, facéndoo de xeito anónimo, e protexe-lo recollido ata a chegada á casa dos reis.

Ó rematar o percorrido de pedir o aguinaldo, tanto o rei como o vicerrei, xunto co dispenseiro, daranlle como agasallo unha botella de coñac a cada un dos zamarreiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na variedade dialectal na que se celebra a festa emprégase este castelanismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]