Saltar ao contido

Zakat al-Fitr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Zakat al-Fitr se ha realizar nun alimento básico do país onde se dá

Zakat al-Fitr é unha esmola que se lle ha dar aos pobres poucos días antes do fin do xaxún no mes santo musulmán do Ramadán. A palabra árabe fitr significa o mesmo que iftar, romper o xaxún, e procede da mesma raíz que futoor que significa almorzo.  

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Zakat al-Fitr é un deber wajib (obrigatorio) para todos os musulmáns, sen distinción de xénero nin idade, mentres teñan os medios para facelo. Segundo a tradición islámica (sunnah), Ibn 'Umar dixo que o profeta Mahoma fixo o Zakat al-Fitr obrigatorio para cada escravo, persoa libre, home, muller, mozo ou vello, entre os musulmáns; un saa` de dátiles secos ou un saa` de cebada. Non necesariamente ten que se realizar de xeito individual, o cabeza de familia pode pagar o importe esixido aos demais membros.

Finalidade

[editar | editar a fonte]
A finalidade do Zakat al-Fitr é permitirlles os necesitados participaren na festividade do Eid al-Fitr.

O principal obxectivo do Zakat al-Fitr é proporcionarlles os pobres medios para celebraren o festival da rotura do xaxún (Eid al-Fitr) xunto co resto dos musulmáns. Todo musulmán está obrigado a realizar o Zakat al-Fitr na conclusión do mes de Ramadán como un sinal de gratitude a Deus por permitirlle observar o xaxún obrigatorio e para purificar o que xaxúa de calquera acto ou palabra indecente, seguindo o hadith de Ibn Abbas: "O Profeta de Alá prescibiu o Zakat al-Fitr os que xaxúan para protexelos de calquera acto ou discurso indecente, e coa finalidade de proporcionarlles alimentos para os máis necesitados". Só é zakat cando se fai antes da oración de Eid[1], sendo sadaqah (esmola voluntaria) cando se fai despois.

Condicións

[editar | editar a fonte]

Segundo manda o crenza islámica, o Zakat al-Fitr hase distribuír durante un período concreto de tempo; o seu incumprimento sen unha boa razón constitúe un pecado que se ha reparar. Ten que se realizar entre a posta de Sol do último día de xaxún e o comezo da oración de Eid. Tamén se pode pagar antes dese período tal como facían moitos sahabah (acompañantes do profeta) un par de días antes do Eid[2].

Cantidade

[editar | editar a fonte]

O que se ha dar no Zakat al-Fitr é o mesmo que no zakat xeral, e é independente da riqueza da persoa. O mínimo é un sa` (catro presadas dobres) de alimento, gran ou froita seca por cada membro da familia. A maioría dos escolares islámicos insisten en que se ha dar en alimentos que constitúan a dieta básica do lugar onde se dá, preferentemente na forma de gran, ou tamén dátiles ou outros alimentos básicos. Así e todo, algúns escolares contemporáneos admiten que en determinadas condicións tamén se poden achegar cartos[3].

  1. "How much zakaat al-fitr is and when it should be paid". Islam Q&A
  2. Muhammed Salih Al-Munajjid (2009). "Paying the Fitr". islamhouse.com. 
  3. "Paying zakat-ul-fitr in cash or as food products".Dar al-Iftaa Al-Missriyyah