Zósimo de Cilicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Zósimo
Biografía
Nacementoc. século III
Pasamentoc. século III
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica, Igrexa ortodoxa
FestividadeDiversa (ver artigo)

Zósimo foi un asceta que viviu en Cilicia no século III, venerado como santo no cristianismo.

Vida[editar | editar a fonte]

Foi torturado na persecución relixiosa baixo o emperador Diocleciano, mais a tortura non o afastou da fe cristiá. O feito de que, segundo a tradición, as torturas non lle deixasen feridas, levou á conversión do seu gardián Atanasio, quen tería aceptado o cristianismo e pedido o bautismo. Logo da súa liberación, os dous viviron como eremitas.

Veneración[editar | editar a fonte]

Zósimo de Cilicia é venerado tanto no catolicismo como na ortodoxia. Na Igrexa latina a súa festividade celébrase o 3 de xaneiro, mentres que as Igrexas orientais (ortodoxas e católicas) celébrase o 4 de febreiro. Nas edicións mais modernas do Martiroloxio Romano non aparece,[1] mais en edicións anteriores mencionábase no 3 de xaneiro:

En Cilicia, os santos mártires Zósimo, e o protonotario Atanasio.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conferencia Episcopal Italiana, ed. (2004). Martirologio Romano (PDF) (en italiano). Roma: Libreria Editrice Vaticana. pp. 107–108. ISBN 978-88-209-7925-6. 
  2. Roman Martyrology (en inglés). Newman Bookshop. 1946. p. 3. In Cilicia, the holy martyrs Zozimus, and the notary Athanasius.