Zésar Biec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zésar Biec
Zésar Biec.jpg
Nacemento1970
 Huesca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Zésar Biec Arbués, nado en Huesca en 1970, é un escritor aragonés, autor de literatura infantil e xuvenil en lingua aragonesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión é tamén membro do Consello d'a Fabla Aragonesa. Sobre a literatura infantil e xuvenil publicou "Literatura infantil e chobenil en aragonés" (2008) e mais "Los cuentos en la enseñanza del aragonés" (2013-2014). En 2011 recibiu o Premio de Relatos "Luis del Val" pola súa obra De cazata. Profesor de aragonés, logo de se permitir o ensino do aragonés, de forma voluntaria, na escola pública no curso 1997-1998[1], Zesar Biec comezou a dar clases nun colexio de Jaca [2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1995: Bel puesto en a pantalla, gañadora do premio "O Gua" de 1995 (literatura infantil).
  • 2000: Abenta-las ta ra mar, premio "A Carracla" con debuxos do autor (literatura infantil).
  • 2002: Animals barrenatos (coautor, teatro infantil).
  • 2002: A selba amenazata (coautor, teatro infantil).
  • 2008: Augua de bida (relato curto).
  • 2009: O fuego que nunca no s'amorta, premio "O Gua" de 2007 (literatura infantil).
  • 2009: Foto fixa (relato curto).
  • 2009: 24 fotogramas (relato curto).
  • 2011: Cartas con retraso, Premio literario Villa de Sietemo de 2009.
  • 2012: De cazata, Premio de Relatos "Luis del Val".

Notas[editar | editar a fonte]