"You Don't Understand Me" é unha canción do dúo de popsuecoRoxette, lanzado como o primeiro single do seu álbum de grandes éxitos Don't Bore Us, Get to the Chorus! "You Don't Understand Me" foi escrita por Per Gessle e Desmond Child e foi a primeira vez que Per co-escribiu unha canción cun compositor de fama internacional.
A canción "Crazy About You" estivo unicamente dispoñible neste single e no single The Look '95 ata que unha versión demostrativa da canción foi incluída no single Salvation, lanzado en 1999.
Roxette gravou versións acústicas das cancións "The Look", "Listen to Your Heart", "You Don't Understand Me" e "Help!", nos famosos Abbey Road Studios en Londres, Inglaterra. "Help!", unha versión da canción de The Beatles, foi lanzada no recompilatorio de Roxette The Rox Box/Roxette 86-06, mentres que as outras tres cancións foron incluídas no lanzamento do single no Reino Unido e "You Don't Understand Me" tamén foi incluída no single Anyone, lanzado en 1999.