Saltar ao contido

Years and Years (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Years and Years
FormatoSerie de televisión
Creado porRussell T Davies
Dirixido porSimon Cellan Jones
Lisa Mulcahy
Intérpretes
País de orixeReino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios6
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Manchester
Duración45 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC One e HBO
Primeiro episodio14 de maio de 2019
Derradeiro episodio18 de xuño de 2019
Na rede
IMDB: tt8694364 Filmaffinity: 247862 Allocine: 23707 Rottentomatoes: tv/years_and_years Metacritic: tv/years-and-years TV.com: shows/years-and-years Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Years and Years é unha serie de televisión británica producida conxuntamente entre a BBC e HBO. Comezou a emitirse no Reino Unido pola canle BBC One o 14 de maio de 2019[1][2] e en HBO o 24 de xuño de 2019.[3]

A serie foi creada e escrita por Russell T Davies,[1] e está protagonizada por Emma Thompson como Vivienne Rook, unha empresaria convertida en política que divide o país coas súas opinións controvertidas,[4] xunto con Rory Kinnear, Russell Tovey, Jessica Hynes, Ruth Madeley e Anne Reid,[4] como os membros da familia Lyons.

Os Lyons son unha familia británica que vive en Manchester. Daniel está casado con Ralph, Stephen e Celeste preocúpanse polas súas fillas, Rosie busca unha nova parella e Edith está comprometida cunha causa humanitaria detrás doutra. A matriarca da familia é Muriel, a súa avoa. As vidas de todos eles converxen nunha crucial noite de 2019, e a trama avanza no futuro, seguindo as vidas e os romances dos Lyons ao longo de 15 anos nos que o Reino Unido é sacudido por axitados cambios políticos, inestabilidade económica e grandes avances tecnolóxicos.[5]

Principal

[editar | editar a fonte]
  • Russell Tovey como Daniel Lyons, empregado do concello de Manchester. Irmán de Rosie, Stephen e Edith.
  • Rory Kinnear como Stephen Lyons, consultor financeiro. Vive en Londres coa súa muller, Celeste, e as súas fillas. Irmán máis vello de Edith, Rosie e Daniel.
  • T'Nia Miller como Celeste Bisme-Lyons, contable e muller de Stephen.
  • Ruth Madeley como Rosie Lyons, a irmá máis nova dos Lyons. Ten espiña bífida, é nai solteira e ten dous fillos, Lee e Lincoln. Traballa nun comedor escolar.
  • Anne Reid como Muriel Deacon, a avoa dos irmáns Lyons.
  • Jessica Hynes como Edith Lyons, irmá de Daniel, Stephen e Rosie. É activista política.
  • Emma Thompson como Vivienne Rook MP, unha empresaria carismática que se fai política.

Recorrente

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "BBC – Get Obsessed – 2019 BBC Drama – Media Centre". www.bbc.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 
  2. "BBC One – Years and Years, Series 1, Episode 1". BBC. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  3. Poniewozik, James (23 de xuño de 2019). "Review: In 'Years and Years,' Things Fall Apart, Fast". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "BBC – Emma Thompson cast in Russell T Davies' BBC One drama Years and Years – Media Centre". www.bbc.co.uk. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 
  5. Martin, Laura (1 de xaneiro de 2019). "Years & Years: Everything we know about the new Russell T Davies and Emma Thompson dystopian drama". inews.co.uk. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]