Y en eso llegó Fidel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Y en eso llegó Fidel é unha canción do compositor cubano Carlos Puebla composta despois do triunfo da Revolución cubana en homenaxe ao seu comandante en xefe Fidel Castro.

Temática[editar | editar a fonte]

Carlos Puebla foi chamado o "trobador da revolución cubana". As súas letras son cantos favorables ao socialismo identificándoo cun ideal nacional. Nesta letra eloxia a figura de Fidel. A loa vén determinada pola comparación reiterada co anterior réxime de Fulgencio Batista.

Estrutura métrica[editar | editar a fonte]

A canción estrutúrase en catro estrofas formadas por dúas redondillas octosílabas (abba) cada unha, nas que o primeiro verso de ambos se repite en cada estrofa. A rima é asonante nalgunhas, consonante noutras. O coro é de dous versos irregulares-eneasílabo e endecasílabo. Este tipo de versificación é común no autor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]