Xustás, Xustás, Cospeito
| Xustás | |
|---|---|
| Parroquia | Xustás |
| Concello | Cospeito |
| Coordenadas | 43°10′56″N 7°28′43″O / 43.182240947115, -7.4786237418142 |
| Poboación | 5 hab. (2019) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Xustás é un lugar da parroquia de Santiago de Xustás, no concello lugués de Cospeito. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2017, cando tiña 6 habitantes.
Topónimo
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo podería provir do xogo antigo das xustas.
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]A capela de Xustás, coñecida co nome de Capela de Reximil, data de finais do século XVI e comezos do XVII. É unha capela pequena, na cal hai un escudo moi significativo, un retablo desta época e o cadaleito de cantería dos seus construtores, descendentes da casa dos Andrade, os cales tamén posuían un pazo, tamén no dito pobo, coñecido co nome de Pazo de Reximil.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xustás
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Xustás no concello de Cospeito (Lugo) | |
|---|---|
|
Cabana | As Casas Novas | A Escanabada | Fidalgo | Gornai | Moinelos | A Pesqueira | Reximil | A Veiga | Xustás |
Parroquias de Cospeito
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2021.